Moitas persoas teñen
escoitado algunha vez algo sobre a programación pero moi poucas saben que é e
en que consiste. Moitas das aplicacións ou programas que executas no ordenador,
ou mesmo no teu móbil, confórmanse mediante programación é os distintos tipos
de linguaxes de programación.
Enténdese por programación
a implantación de algoritmos nun determinado linguaxe de programación,
conformando así un programa. Por outro lado, as linguaxes de programación son o
conxunto de parámetros e códigos dos que se sirve un programador para elaborar
software. As linguaxes de programación divídense en distintos tipos:
Baixo nivel: Estes son
dependentes da maquina, é dicir, o Hardware, e permiten o funcionamento da máquina
mediante operacións fundamentais.
Alto nivel: Estes son
máis cercanos á linguaxe natural que a de máquina. Trátanse de linguaxes
independentes das máquinas
Medio nivel: Atópanse
entre as dúas anteriores e poden realizar operacións características dos dous
niveles.
Algunhas das linguaxes
máis utilizadas son: C, Java, JavaScript, XML, PHP e SQL.
Unha ,en particular, é “HTML”
(HyperText Markup Lenguaje) a cal é utilizada para a creación de páxinas web e
ademais é moi fácil de aprender. Esta linguaxe esta composta por un conxunto de
etiquetas que o navegador interpreta. HTML dispón de hipervínculos, saltos
de liñas, listas, táboas, etc.
A continuación un vídeo explicando a programación e por que é tan importante e ten tanta diversidade de usos.
Rodrigo Justo Fernández
No hay comentarios:
Publicar un comentario