Enfermidades recesivas ligadas ao cromosoma X.
As enfermidades recesivas ligadas ao cromosoma X maniféstanse principalmente nos homes, debido a que só teñen un cromosoma X, As mulleres son portadoras se presentan a mutación nun dos dous cromosomas X e manifestarán a enfermidade se presentan a mutación nos dous cromosomas. Unha muller portadora pode entón herdar a enfermidade aos seus fillos sen sequera sospeitalo. As fillas mulleres dun pai afectado serán portadoras obrigadas, mentres que ningún dos seus fillos homes manifestará a enfermidade. Son exemplos destas enfermidades:
A hemofilia, unha enfermidade causada por unha mutación que afecta a síntese dalgúns factores da coagulación. Por tanto, as persoas hemofílicas poden ter hemorraxias internas. De non ser controladas a tempo, estas hemorraxias poden causar a morte.
O daltonismo
ou a cegueira parcial para as cores é a dificultade para distinguir
correctamente as cores verde e vermello, e con menor frecuencia, tamén o azul e
o amarelo. Esta enfermidade non representa un problema maior. Mesmo, algunhas
persoas non son conscientes de que a padecen, xa que aprenden a asociar as
cores coa escala de brillo ou a súa intensidade.
De acordeón de biología |
Fran González Diz 4ºA
No hay comentarios:
Publicar un comentario