Dende fai varios anos xa
se podía realizar a reprodución in vitro por medio de procesos realizados nos
laboratorios. A dia de hoxe xa se realizou un gran avance coa creación de
células espermáticas nos laboratorios, totalmente funcionais.
Foron os Científicos da
Universidade Médica de Nanjing e do instituto de Zooloxía da Academia China de
Ciencias os que deron a coñecer os resultados dun método para obter esperma
funcional a partir de células nai embrionarias de ratos, as cales transformáronse
en células xerminais primordiais, creadoras de espermatozoides e óvulos. Posteriormente, foron
expostas ao contacto con células testiculares e testosterona, coa intención de
simular o entorno de creación dos espermatozoides. Os espermatozoides
resultantes non posúen cola nin flaxelo polo que non se poden desprazar pero
aínda así logrouse fecundar óvulos que foron implantados en femias de ratos,
dando como resultado crías sas, fértiles, ADN correcto e número de cromosomas
exacto.
Rodrigo Justo Fernández
No hay comentarios:
Publicar un comentario