lunes, 7 de noviembre de 2016

Mainframes

Os mainframes son un tipo de ordenadores capaces de realizar  o desenvolvemento de procesar datos complexos. Utilízanse como sistemas centrais  de grandes empresas ou organizacións.

Caracterízanse por  unha alta velocidade de execución de tarefas individuais e unha arquitectura deseñada para permitir o equilibrio de beneficios e un maior nivel de seguridade dos ordenadores de gama baixa .Permiten  executar varias aplicacións en tempo real e acceso aos sistemas por varios usuarios simultaneamente.Os mainframes son útiles nos servizos centrais que requiren dispoñibilidade continua .

Cales son as diferenzas entre os mainframes(MF) e os superordenadores(SC)?

As diferenzas son que os superordenadores enfocan o seu uso en maximizar a capacidade de procesamento de cálculos, mentres que os mainframes deben de ser moi eficaces no manexo de e/s (Periférico de entrada/saída).

Os superordenadores empréganse no exército e na ciencia, sen embargo, os mainframes utilízanse en empresas e gobernos. Os MF acceden a información externa, é dicir , a unha base de datos, mentres que os SC son capaces de realizar cálculos complicados en memoria. 



                                                                                                             Jorge Cerviño Alonso 4ºA ESO

No hay comentarios:

Publicar un comentario