imaxen de umea universitet |
No futuro poderíanse utilizar máquinas
de tamaño molecular para controlar mecanismos importantes no corpo humano. Nun
estudo recente, uns investigadores demostraron como un nanoglobo, que inclúe
unha única molécula de carbono, dez mil veces máis delgado que o grosor dun
cabelo humano, pode ser controlado electrostáticamente para conmutar entre un
estado inflado e outro desinflado.
O traballo é obra de científicos da
Universidade de California en Berkeley, EE.UU., e da Universidade de Umea en
Suecia.
imaxen de umea universitet |
Os actuadores en forma
de globos inflables úsanse habitualmente para aplicacións macroscópicas, como
levantar edificios, como protección contra impactos en coches, ou para alargar
arterias ou veas que se estreitaron ou obstruido. Na escala micrométrica,
úsanse como microbombas e na natureza as arañas saltarinas crean microcoxins
cheos de fluído para impulsar as súas patas en saltos "explosivos".
Na escala nanométrica,os actuadores en
forma de globo inflable son virtualmente descoñecidos. Con todo, hai varios
anos, uns investigadores da Universidade Estatal de Pensilvania en Estados
Unidos idearon, aínda que sen pasar da teoría, un actuador en forma de
nanoglobo, controlado por carga electroestática, baseado no "inflado"
e o "desinflado" dun nanotubo de carbono.
Fran González Diz 4ªA
No hay comentarios:
Publicar un comentario