miércoles, 5 de abril de 2017

VAR OU ASISTENCIA POR VIDEO

4 anos máis tarde, o mundial de clubs volveu ser o campionato para probar unha nova tecnoloxía, neste caso a FIFA probou o sistema VAR de asistencia por vídeo ao árbitro e volveu a polémica.
O novo sistema conta cunha sala de vídeo enche de asistentes que revisan a acción por televisión unha e outra vez e informa o árbitro a través dos auriculares do que viron, o árbitro pode confiar nos seus asistentes ou parar o partido e revisar a acción el mesmo por televisión.

Cando se pode usar:

Existen catro situacións nas que o árbitro pode pedir a axuda do vídeo. A primeira delas son os goles, para determinar se se produciu algunha infracción que impida conceder o gol. A segunda son os penaltis.

Á marxe destas dúas situacións, os árbitros tamén poden solicitar o vídeo para revisar situacións que poden ser consideradas de cartón vermello ou por unha confusión de identidade, cando non está claro que xogador cometeu a infracción.

Competicións:
O presidente da FIFA, Gianni Infantino, admitiu a principios de marzo que o VAR podería ser unha realidade no Mundial de 2018, aínda que antes a IFAB, a asociación internacional encargada de definir as regras do fútbol a nivel mundial, deberá dar o visto e prace. Ademais, Infantino asegurou que, ao longo do 2017, este sistema será probado con todos os colexiados candidatos a arbitrar o Mundial de Rusia.

Tamén estaría prevista a súa aplicación en Cópaa Confederacións que terá lugar este próximo verán en Rusia.

Segundo IUSPORT, o VAR xa se está aplicando en doce ligas profesionais: Australia, Bélxica, Brasil, República Checa, Francia, Alemaña, Italia, República de Corea, Holanda, Portugal, Qatar, Turquía e Estados Unidos. Ademais, estaría a piques de pecharse a súa implantación en Inglaterra, México e Arabia Saudita.

En España, Javier Tebas, presidente de LaLiga, é partidario de aplicar a tecnoloxía no fútbol. Con todo, Tebas culpou a Anxo María Villar e desvelou que é o presidente da RFEF quen se opón ao seu uso.
PRENSALATINA.COM




POR:MIGUEL LORENZO PERAL 4A

No hay comentarios:

Publicar un comentario