viernes, 21 de abril de 2017

O Vantablack

Non é unha pintura, non é unha tea nin é un pigmento? é Vantablack, un conxunto de nanotubos de carbono duns 20 nanómetros de diámetro cada un. O que significa que cada nanotubo é 3.500 veces máis delgado que un cabelo humano. 

De acordo co Laboratorio Nacional de Física do Reino Unido, é o material máis escuro que xamais medisen e ata ten o récord Guinness da sustancia máis escura feita polo ser humano. 
A clave está no número de nanotubos: nunha área dun centímetro cadrado de Vantablack, caben mil millóns. isto permite que reflicta só un 0,036% da luz.

O seu nome provén de Vertically Aligned NanoTube Arrays (conxunto de nanotubos verticalmente aliñados). O material pódese utilizar para cámaras infravermellas, sensores, instrumental científico, calibración de satélites e ao ser capaz de absorber a enerxía da luz e convertela en calor, pode utilizarse para enerxías renovables.

Para os máis curiosos, é posible solicitar unha pequena mostra, os museos e institucións educativas teñen prioridade. O pedido demora unhas catro semanas. 




                                                                                                     Fran González Diz 4ºA

No hay comentarios:

Publicar un comentario