viernes, 21 de abril de 2017

Os fulleneros e as súas propiedades

Un fullereno é unha molécula composta por carbono que pode adoptar unha forma xeométrica que lembra a unha esfera, un elipsoide, un tubo ou un anel. Os fullerenos son similares ao grafito, composto de follas de aneis hexagonales enlazadas, pero contendo aneis pentagonales e ás veces heptagonales, o que impide que a folla sexa plana.

O fullereno máis coñecido é o formado por 60 átomos de carbono (C60), no que ningún dos pentágonos que o compoñen comparten un bordo; se os pentágonos teñen unha aresta en común, a estrutura estará desestabilizada. A estrutura é a dun icosaedro truncado, que se asemella ao balón de fútbol. Está configurado por 20 hexágonos e 12 pentágonos, cun átomo de carbono en cada unha das esquinas dos hexágonos e unha ligazón ao longo de cada aresta.

No seu estado natural o C60 non é condutor da electricidade. Con todo, científicos dun compañía norteamericana han descuberto que cando se lle engaden certas impurezas como o potasio, obtense un composto que si é condutor. Pero cando a cantidade de potasio é demasiado elevada, a nova sustancia converterse en illante. Así que pode ser un incrible semiconductor para sofisticadas aplicacións en microelectrónica. Aínda por riba, cando este composto arrefríase por baixo dos 255 ºC, transfórmase nun superconductor. Os científicos cren que nun futuro moi próximo, os fullerenos permitirán fabricar superconductores capaces de transmitir a corrente eléctrica sen perdas. 

Sorprendentemente os fullerenos presentan capacidades ferromagnéticas, aínda que non contén ferro. De modo que poderían utilizarse perfectamente na construción de imáns plásticos de moi pouco peso. Outros investigadores acaban de descubrir que os compostos de C60 e Flúor forman un composto de teflón que seica chegue a converterse no máis eficaz lubricante da historia. Debido á fortaleza da súa estrutura os investigadores cren que as cadeas compostas por moléculas de C60 permitirán manufacturar unha nova xeración de polímeros, que resultarían ser materiais incriblemente resistentes



Rodrigo Justo Fernández

No hay comentarios:

Publicar un comentario