viernes, 21 de abril de 2017

OS NANOTUBOS, O FUTURO XA ESTÁ AQUÍ


En química, denomínanse nanotubos a estruturas tubulares (cilíndricas), cuxo diámetro é do tamaño do nanómetro. Existen nanotubos de moitos materiais, tales como silicio ou nitruro de boro pero, xeralmente, o termo aplícase aos nanotubos de carbono.

Están a ser estudados activamente, como os fulerenos, polo seu interese fundamental para a química e polas súas aplicacións tecnolóxicas. É, por exemplo, o primeiro material coñecido pola humanidade capaz, en teoría, de sustentar indefinidamente o seu propio peso suspendido sobre o noso planeta.

Teoricamente permitiría construír un ascensor espacial, debido a que para iso necesítase un material cunha forza tensil de 100 GPa e calcúlase que os nanotubos de carbono teñen unha forza tensil de 200 GPa.

Ademais poderíanse usar como administradores de medicamento, xa que algúns problemas asociados coa administración de medicamentos débense a que se disolven antes ou despois do esperado, non se distribúen adecuadamente polo organismo, son pouco selectivos e producen dano aos tecidos sans.

Todos estes problemas poden liquidarse implementando un sistema que dirixa o medicamento ao lugar desexado e almacéneo alí. Os nanotubos son considerados excelentes transportadores, xa que poden cruzar a membrana plasmática das células e distribuírse polos diferentes orgánulos. 

Aquí déixovos unha liña do tempo deste marabilloso descubrimento.
  • 1952 Primeira imaxe de nanotubos de carbono, por L. V. Radushkevich e V. M. Lukyanovich
  • 1991 Descubrimento oficial por Iijima (MWCNT).
  • 1993 Descubrimento do primeiro nanotubo monocapa (SWCNT).
  • 1991-2000 Produto de interese principalmente académico.
  • 2000-2005 Investígase o seu uso industrial.
  • 2005-2010 Desenvolvemento de aplicacións industriais (proxectado).
  • 2010 Gran desenvolvemento de aplicacións integradas a produtos (proxectado).

Nanotubo de carbono simulado.





AGUSTÍN GALLEGO GÓMEZ

No hay comentarios:

Publicar un comentario