viernes, 28 de abril de 2017

Potasio (K)

O potasio (K) é un metal alcalino da tabla periódica, cuxo número atómico é o  19. 

Características Físico-Químicas
O seu estado ordinario é o sólido, a súa densidade é 856 kg/m3, ten un punto de fusión de 336,53 K (63 °C) e o punto de ebulición de 1032 K (759 °C)
O potasio debe ser protexido do aire para previr a corrosión do metal polo óxido e hidróxido, a miúdo, as mostras son mantidas baixo un medio reductor como o queroseno. O potasio reacciona violentamente con auga, producindo hidróxeno. A reacción é notablemente violenta e é suficientemente exotérmica para que o gas hidróxeno desenvolvido acéndase.

Descubrimiento:
Humphrey Davy foi o descubridor en 1807, foi o primeiro elemento metálico illado por electrólise, recibiu o nome do latín científico potassium.

Aplicacións:
  • O potasio metal úsase en células fotoeléctricas.
  • O carbonato potásico emprégase na fabricación de cristais.
  • O cloruro de potasio utilízase para provocar un paro cardíaco nas execucións con inxección letal.
Curiosidades:
O potasio é o elemento máis lixeiro da táboa despois do litio. É tan suave que pode cortarse facilmente, mesmo cun coitelo de cociña. Trátase dun dos metais máis reactivos que hai e se oxida case inmediatamente ao ser exposto ao aire, non se lle pode atopar libre na natureza e obtense mediante a electrólise do hidróxido. Con todo, trátase do sétimo metal máis abundante na cortiza da Terra



Potasio/wikipedia

Gonzalo Carrajo Mariño


No hay comentarios:

Publicar un comentario