miércoles, 5 de abril de 2017

La Gripe Española

Foi no ano 1918 cando ao redor de 50 millóns de persoas morreron ao redor de todo o mundo a causa da famosa gripe española, quintuplicando así o número de mortos na Primeira Guerra Mundial. Esta epidemia se considera como la más devastadora de la historia de la humanidad.

A gripe española ou a gran gripe foi causada por un brote de influenza virus do subtipo H1N1. Se algo hai que destacar deste subtipo foi a súa extremada virulencia, xa que non só afectou a anciáns e nenos, como adoitan facelo as epidemias de gripe, senón que moitas das súas vítimas foron novas e adultos sans. Nin sequera os animais, como cans e gatos, estiveron a salvo. Sábese que o virus causante da gripe española era un virus da gripe aviaria que sufriu varias mutacións que fixeron que puidese infectar a humanos. 

Investigacións a posteriori buscaron as causas da alta mortalidade da gripe española. Ao parecer o virus mataba as súas vítimas mediante unha "tormenta de citocinas", unha reacción inmune esaxerada ante un patóxeno altamente perigoso. Se se dá no sistema respiratorio, como se daría na gripe española, a tormenta de citocinas obstruiría as vías respiratorias podendo causar a morte.

A pesar do que o seu nome poida suxerir, a gripe española non tivo a súa orixe en España, Polo menos que se saiba. O primeiro caso rexistrado deuse na base militar de Fort Riley, en Kansas (EE.UU), aínda que a súa orixe foi en Francia. Tampouco é que fose moito máis grave en España que noutros países. En 1918 Europa aínda estaba inmersa na Primeira Guerra Mundial. Nese escenario bélico, as nacións aliadas silenciaron a pandemia de gripe nos seus medios de comunicación para non dar unha imaxe de debilidade  ante o inimigo. A prensa de España, país que non entrara na guerra, se deu unha ampla cobertura á enfermidade, dando a sensación de que era o único país ao que lle afectaba a gripe, por iso é polo que a chamasen "Gripe Española".



Rodrigo Justo Fernández

No hay comentarios:

Publicar un comentario