viernes, 21 de abril de 2017

PANEL SOLAR FLEXIBLE FEITO DE CARBONO

A capa fotoactiva, responsable da absorción e conversión da luz, é un "cruzamento" de nanotubos de carbono 10.000 veces máis finos que un pelo e os fullerenos C60 (o fullereno é a terceira forma molecular máis estable do carbono, tras o grafito e o diamante). Os elementos fotoactivos atópanse entre o cátodo e o ánodo, ambos os feitos de nanotubos de carbono e dunha lámina de grafeno dun átomo de grosor.

O resultado, unha película moi fina e moi flexible, permite, segundo a autora do estudo, Zhenan Bao, que un obxecto de calquera forma, sexa un coche ou un edificio, sexa cuberto coa "cinta" solar. Ademais, un panel destas características pode soportar temperaturas de ata 600 ºC sen que iso cause ningún problema. Outros vantaxes importantes son o baixo custo do carbono e a súa abundancia.

A pesar de que o carbono como tal é un material barato, non se pode dicir o mesmo dos nanotubos nin do grafeno, que nin sequera se producen en grandes cantidades. Pero se a fabricación industrial destes alótropos é cuestión dun futuro non tan afastado, segundo os científicos, segue habendo outro problema: o da eficacia enerxética do panel, que actualmente é só do 0,46%.



POR: MIGUEL LORENZO PERAL

No hay comentarios:

Publicar un comentario