viernes, 21 de abril de 2017

COÑECENDO MOLÉCULAS

Os fullerenos:

Son un conxunto de formas alotrópicas do carbono, diferentes do diamante e do grafito.
Foron descubertos por primeira vez en 1985 polos investigadores R. Curl, H. Kroto e R. Smalley, aínda que a súa existencia xa foi predita en 1965. Os fullerenos son moléculas con formas esferoidales que conteñen desde 32 ata 960 átomos de carbono sólidos moleculares, moi estables, xa que non posúen ligazóns libres, e que dan lugar a sólidos moleculares brandos. 

Fullereno/ mim-us.es
Mais a importancia dos fullerenos non reside exclusivamente nas súas curiosas estruturas, senón nas propiedades dos materiais macroscópicos a que poden dar lugar. Neste sentido, o futboleno cristaliza segundo unha rede de Bravais CCC denominada fullerita.




Os nanotubos de carbono (CNTs):

Están constituídos por redes hexagonales de carbono curvadas e pechadas, formando tubos de carbono nanométricos cunha serie de propiedades fascinantes que fundamentan o interese que espertaron en numerosas aplicacións tecnolóxicas. Son sistemas lixeiros, ocos e porosos que teñen alta resistencia mecánica, e por tanto, interesantes para o reforzamento estrutural de materiais e formación de composites de baixo peso, alta resistencia á tracción e enorme elasticidade.


Nanotubo de Carbono / Wikipedia

Foron descubertos en Xapón por S. Iijima en 1991, publicado na revista Nature 354, 56 (1991), durante os traballos de investigación sobre fullerenos. O gran impacto dos materiais nanoestructurados é debido a que a súa gran superficie mellora as súas propiedades e abre camiños a unha ampla diversidade de novas aplicacións. Por iso, atraeron e están a atraer un considerable interese como constituíntes de novos materiais e dispositivos nanoscópicos.



               


Rubén Gómez Blanco


No hay comentarios:

Publicar un comentario