viernes, 3 de febrero de 2017

Zeus o can máis alto do mundo

Zeus era un gran danés que vivía en Michigan. En 2012 cando tiña tres anos de idade foi declarado oficialmente como o can máis alto do mundo polo Record Guinness.

O seu dono, Kevin Doorlag explicou que Zeus foi recoñecido na edición do 2012 do Libro Guinness de Récords como o can máis alto do mundo. Zeus tiña unha estatura de 1 metro 11 centímetros (44 polgadas) ao nivel do lombo, e 2,2 metros (7 pés 4 polgadas) levantado sobre as súas patas traseiras.
Zeus pesaba 74 quilos e comíase unha bolsa de alimentos de 13 quilos cada dúas semanas dixo o seu dono. Doorlag asegura que a familia botará de menos a Zeus. Zeus era unha celebridade local na zona de Kalamazoo e con frecuencia visitaba escolas e hospitais como can de terapia.







Gonzalo Carrajo Mariño

No hay comentarios:

Publicar un comentario