viernes, 10 de febrero de 2017

Os Records Guinnes máis extraños

Os Records Guinnes máis asombrosos:

O alemán de 21 anos de idade ten tres rexistros: o récord dos 100 metros máis rápidos en botas de esquí e en zuecos. En 17.65 segundos, Andre Ortolf correu 100 metros de distancia, utilizando as súas botas de esquí. Despóis completou os 100 metros en só 16.27 segundos cos seus zapatos holandeses de madeira. Ademáis ten o récord mundial pola distancia máis afastada ao soprar  con 7,51 metros.
Este coello de Angora ten a pelame que alcanza os 36.5 centímetros , o animal entrou na lista dos Guinness 2016. A súa dona asegura que en ocasións os seus veciños confunden ao coello cun can pequinés.



John Evans entrou no Libro Guinness dos récords mundiais 2016 por manter un automóbil moi pesado sobre a súa cabeza durante 33 segundos.



A tenda máis grande para comprar hot-dogs. Atópase en Missouri e mide 2.81 metros de ancho, 7.06 metros de longo e 3.72 metros de alto.



A coliflor máis grande pode alimentar a unha familia de catro persoas, durante un mes. Plantouna Peter Glazerbrook ( o agricultor) e  a súa colifor  , pesa 27.8 kg.

No programa de Guinness World Records en Italia os participantes Takeru Kobayashi (Xapón) e Vittorio Noschese (Italia) loitaron por lograr o maior número de hamburguesas comidas en 3 minutos.  

Demostrando o seu gran apetito, Takeru gañou cun impresionante total de 12 hamburguesas, superando o seu propio récord por unha hamburguesa. 

Cada hamburguesa pesou 113 gramos (pre-cocido) e Takeru seleccionou a maionesa como o único condimento permitido polo regulamento de Guinness World Records.   

Vittrio fixo o seu mellor esforzo, pero non puido igualar o logro de Takeru. Vittrio é o recordista anterior do récord para o menor tempo en comer 500 gramos de queixo mozzarella. 



                                                                             Alejandro Suárez Hervella

No hay comentarios:

Publicar un comentario