miércoles, 1 de febrero de 2017

O BILLAR E A ÁLXEBRA VAN DA MAN

Se hai un deporte no que os ángulos xogan un papel fundamental, ese é o billar. De feito, para os grandes billaristas o básico para practicalo con éxito non é ter un bo golpe de boneca, senón posuír unhas nocións básicas de xeometría para saber elixir que golpe dar. Iso si, non é o único deporte onde xoga un papel importante.

Golpe no billar - wikipedia
O estudo dos ángulos estivo presente na vida cotiá do ser humano desde a antigüidade. Por exemplo, os exipcios xa calculaban con precisión o ángulo das súas pirámides para garantir a resistencia das súas paredes. Se nos atemos á súa definición, un ángulo é a rexión do plano que queda limitada por dous semirrectas que cortan nun mesmo punto. Esas dúas semirrectas son os lados do ángulo, e o punto común é o vértice. Ao prolongar os dous lados do ángulo o plano quedará dividido en catro rexións, e en función do espazo que abarque o ángulo diremos que é cóncavo, se abarca tres das catro rexións, ou convexo, que abarca só una das catro rexións.Por último, tamén se pode falar de tres casos en que o ángulo recibe un nome propio: nulo se a semirrecta generatriz está na posición inicial; nulo se as posicións inicial e final están na mesma recta; ou completo se as posicións inicial e final da semirrecta coinciden.







Rubén Gómez Blanco

No hay comentarios:

Publicar un comentario