martes, 14 de febrero de 2017

OS 3 LUGARES MÁIS PROFUNDOS DO MUNDO

3º: Mina de ouro Mponeng.
Onde? Sudáfrica.
Profundidade: 4.000 m.
Dificultade para chegar alí: 6
Mponeng é unha mina de ouro que se atopa en Sudáfrica, 4 km. por baixo da superficie. Tárdase máis dunha hora en chegar á parte inferior. A estrutura é o buraco máis profundo feito polo home na terra e hoxe en día segue extraéndose o mineral. No máis fondo da mina a temperatura da roca é duns 60ºC. e ten un 95% de humidade.

2º: Cova de Voronia.
Onde? Xeorxia.
Profundidade: 2.197 m.
Dificultade para chegar alí: 9
A cova de Voronia é actualmente a máis profunda e coñecida do planeta e pódese atopar no Macizo de Arabika. Foi lugar de interese para os mergulladores que buscan investigar as partes máis profundas da cova. A parte explorada máis profunda chega ata o 2.197 m. O mergullador ucraíno Gennadiy Samokhin estableceu o récord en 2012.

1º:Fosa das Marianas.
Onde? Fosa das Marianas.
Profundidade: 10.916 m.
Dificultade para chegar alí: 10
A parte máis profunda do océano foi explorada por primeira vez en xaneiro de 1960 por Don Walsh e Jacques Piccard utilizando o batiscafo Trieste. Hai pouco, en 2012, tamén foi obxecto de estudo por parte do director James Cameron. A inmersión realizouse nun sumergible individual chamado Deepsea Challenger e o cineasta filmou todo co obxectivo de promocionar os descubrimentos científicos.


POR:MIGUEL LORENZO PERAL 4ª



No hay comentarios:

Publicar un comentario