martes, 14 de febrero de 2017

A fosa das marianas

A fosa das Marianas é a máis profunda fosa oceánica coñecida e o lugar máis profundo da cortiza terrestre. Ten a súa orixe nun proceso de subducción. Localízase no fondo do océano Pacífico noroccidental, ao sueste das illas Marianas, preto de Guam.
O coñecemento da existencia da fosa das Marianas data de antes de 1870, cando un navío tentou medir a profundidade mediante a sondaxe con lastre atado a unha corda, nesa oportunidade sondouse unha profundidade de 9 km. A fosa foi visitada en 1873 pola fragata da Mariña Real Británica Challenger, que dá o nome á parte máis profunda da fosa, o abismo Challenger. En 1951 e usando ecolocalización, mediuse unha profundidade de 11 012 m.
 En 1957, a nave soviética Vityaz informou dunha profundidade de 10 934 m. En 1962, o buque M.V. Spencer F. Baird rexistrou unha profundidade de 10 915 m.
Ou 23 de xaneiro de 1960 descendeu a primira nave tripulada dentro da fosa: o batiscafo Trieste, invención de Auguste Piccard, capitaneado por Jacques Piccard, fillo do primeiro e acompañado por Don Walsh, oficial da Armada estadounidense. A inmersión proxectouse para obter datos da orixe deste abismo. O lugar do descenso foi o extremo suroccidental da fosa, a un 338 km de Guam. Os sistemas de a bordo indicaban unha profundidade de 11 521 m, que despois foi revisada e resultou ser de 11 034 metros.
A fosa ten unha lonxitude de 2550 km e unha anchura media de 70 quilómetros. A presión no fondo da fosa é de 108 600 kPa (unhas 1072 atm). Paralelo á fosa corre un cinto de illas que dá orixe ao arquipélago de illas Marianas, moitas desas illas son de orixe volcánico. O seu punto máis profundo é chamado abismo Challenger con 11 034 m de profundidade e unha presión de 110 000kPa.
                                                                                                                       Por Fran Martínez Feijoo

No hay comentarios:

Publicar un comentario