viernes, 10 de febrero de 2017

As consolas do futuro

A proposta é sinxela, si, pero incriblemente efectiva para facer ao videoxogo con maiúsculas máis accesible a todos: converter o que ata agora era unha plataforma pechada ?a das consolas? nun ecosistema completo aberto ao multidispositivo. Basicamente, Microsoft converteu a estratexia inicial de Xbox One, mal comunicada, con moitas dúbidas e cun futuro incerto, nunha estratexia transparente, coherente co resto de plataformas e, sobre todo, conciliadora con iso que diciamos antes de abrir o videoxogo a calquera xogador. Xa non se limita só aos posuidores dunha Xbox One ?cos seus exclusivos? ou ao xogador do PC por separado, co seu enorme catálogo e baixos prezos.

O novo enfoque, por tanto, é mesmo refrescante para a industria. E sen dúbida é unha mostra clara, en voz alta e contundente, de que Microsoft está moi lonxe de abandonar o mercado do videoxogo: quere aproveitar as sinerxias que ten entre as súas dúas plataformas econvertelas nunha. Que se termine a guerra entre o PC e a consola para converter o mercado nun.

Non sería marabilloso comprar un xogo e telo dispoñible en todas as plataformas? Compralo en PC e xogalo na consola. Compralo na consola e xogar no PC. Ou no tablet. Ou no móbil. Para que ao final o que importa sexa xogar. Sobre o papel, Microsoft proA para Windows 10 o sexan tamén para Xbox, e ir cara ao ecosistema no canto de cara a o modelo de distribución exclusiva de plataformas pechadas con base xeracional

O seu obxectivo final é facer do PC e da consola unha plataforma única e compatible entre si.





POR:MIGUEL LORENZO PERAL 4A

No hay comentarios:

Publicar un comentario