viernes, 3 de febrero de 2017

Persoa que estivo mais tempo rimando 24h seguidas

A voz non lle fallou en 24 horas, 34 minutos e 27 segundos. O enxeño, tampouco. Guillermo Rodríguez Godínez, un rapaz de Alacante de 22 anos ao que todos coñecen como Arkano, ten un récord Guinness que engadir ao seu xa de seu florido historial (xa ten ademais do record guinness un bicampeonato nacional de pelexa de galos da redbull e un mundial da mesma) : converteuse sobre o quilómetro cero e baixo o reloxo da Porta do Sol na persoa do mundo que máis tempo conseguiu encadear, sen parar, versos a modo de rap.

El di que o logrou grazas a xente, e seguramente así foi, porque as miles de persoas alí congregadas, que estaban entregadas ao rapero alicantino, leváronlle polo aire ata os últimos dez segundos, nos que todos xuntos corearon a tradicional conta atrás que explotou, exactamente ás 17.07 horas, nunha sonora ovación. Arkano conseguírao, encadeara versos sen parar 24 horas seguidas con descansos, como moito, de tres segundos, unha marxe que lle permitía botar un grolo de auga ou café, respirar e pouco máis, xa que non parou de rimar nin cando lle chamou a natureza. Pois ben, o campión do mundo non se conformou e entoou o seu particular bis (por iso de que nunca deixou de rapear) para deixar o listón nesas 24 horas, 34 minutos e 27 segundos. Mais informacion.

IMAXE DE MARKETINDIRECCTO.COM




                                                                               
                                                                                                         Fran González Diz 4ºA

No hay comentarios:

Publicar un comentario