viernes, 3 de febrero de 2017

Record Guinness


Máis tempo baixo a auga. O 14 de xuño de 2012, o alemán Tom Sietas (nacido en 1977 mergullouse durante 22 minutos e 22 segundos baixo a auga dunha piscina, superando o anterior récord de 19 minutos e 21 segundos.

 A toalla máis grande do mundo. No ano 1008, en Chipre, a organización que outorga os Premios Récord Guiness estableceu que se logrou un novo récord ao crearse unha toalla que ocupaba máis de 2.240 metros cadrados de superficie. Unhas 1.000 persoas pousáronse sobre ela.

 A cintura máis pequena do mundo. A señora Cathie Jung, coñecida como a raíña do corset, é a posuidora deste rexistro ás súas 79 primaveras. A súa cintura apenas mide 38,1 centímetros, algo que conseguiu extirpándose un par de costelas e vestindo corsets durante 20 anos as 24 horas do día.

A lingua máis longa do planeta. Cun total de 9,75 centímetros, Chanel Tapper é a propietaria da lingua máis extensa da Terra.

 Os ollos máis desorbitados. Xa no ano 1998, Kim Goodman alzouse como a muller cos ollos máis saltarines do planeta. E é que os seus ollos conseguen saírse das súas concas ata os 12 milímetros. Ten visión panorámica, sen ningunha dúbida.

As rastas máis longas. Todos coñecemos a alguén que leve rastas, pero Asha Mandela leva a palma cunhas rastas de 16 metros de lonxitude, as cales lava unha vez por semana.

Maior cantidade de pelotas de tenis na man. O habilidoso Francisco Peiteado Toledo é o home que máis pelotas de tenis sostivo na súa man, cun total de 18.

      (Ollos máis desorbitados)


Pablo Vega Dos Santos


No hay comentarios:

Publicar un comentario