martes, 14 de febrero de 2017

A Teoria mobilista

Durante séculos, houbo unha cuestión que tivo intrigada a sociedade: por que fósiles mariños nalgunhas montañas? No S. XVIII este debate alcanzou o seu apoxeo. Os neptunistas crían que eran tan antigos como a propia Terra e a presenza de fósiles foi debido ás fluctuacións do nivel do mar. Os plutonistas, liderados por James Hutton, defenderon que eran volcáns e terremotos que xeraron o relevo.

As teorías fixistas tentaban explicar o nacemento das cordilleiras sen recorrer a desprazamentos horizontais da cortiza. A Teoría do Geosinclinal foi unha teoría fixista aceptada durante moito tempo. As teorías movilistas admiten a existencia de desprazamentos horizontais na cortiza terrestre. A Teoría da Tectónica de Placas é unha teoría movilista aceptada actualmente polos xeólogos.

Agora ben, a teoria mobilistas teñen como principal base a teoría da tectónica de placas. Esta teoría é a que acualmente é mais importante. A súa orixe sitúase entre 1912 e 1915 cando Wegener propuxo a hipótese de deriva continental. Esta hipótese postula que os continentes se separan debido a que estes se atopan flotando sobre unha zona interior fundida. Wegener, explicaba que as forzas que facían que os continentes se desprazasen, viñan producidas pola rotación terrestre, como consecuencia disto, os continentes tendían a desprazarse cara ao Ecuador e en sentido oeste. O movemento de avance dos continentes, provocaría que a fronte de avance do continente engurraríase, mentres polo outro extremo irían quedando restos que darían lugar a illas (este movemento deberíase á forza centrífuga). Debido á acción da forza centrífuga resulta difícil que fose posible o movemento, pero aínda sendo posible, ao ser máis densa a capa interior, impediría o seu movemento. Outra obxección a esta teoría é que se pasase un continente sobre a placa oceánica, o fondo mariño quedaría totalmente liso, cousa que non ocorre.


Rodrigo Justo Fernández




No hay comentarios:

Publicar un comentario