martes, 14 de febrero de 2017

O seu nome é Tau Tona , a mina mais grande do mundo

O seu nome é Tau Tona (o seu nome en africano significa Gran León), a cidade de ouro, atópase en Sudáfrica na cidade de Carletonville, a 70 quilómetros de de Johannesburgo.

Gran parte da produción mundial de ouro procede de aquí. A profundida é de 3,6 km e actualmente se esta traballando para chegar ao 4 km. Nela traballan unhas 5.600 persoas e ten máis de 800 km de galerías. É tan inmensa que unha viaxe desde a superficie á veta mais afastada pode durar máis de 4 horas de ida e volta.

As condicións de traballo son moi duras xa que hai que ter en conta que a temperatura que alcanza a roca viva é moi alta (máis de 55 graos) e a pesar dos xigantescos sistemas de refrixeración dos que dispón a mina, a temperatura non adoita baixar dos 20 graos, e iso tendo en conta que a humidade é a equivalente á que atopariamos nun sauna.

Todos os anos hai unha media de 5 mortos na mina. E todo isto para conseguir un 1.600 kg de ouro ao mes, para o que hai que extraer 140.000 toneladas de terra e roca; pero a pesar diso esta mina ademais é unha da máis rendibles do mundo e unha das poucas de Sudáfrica que segue aberta, estando previsto que activa ata 2015 aproximadamente.

Nada apto para un claustrofóbico, se tiveches a oportunidade de entrar a unha mina, imaxinases a calor que fai nun lugar así, é asfixiante e tan só a poucos metros da superficie, sen dúbida debe ser un gran traballo, por algo National Geographic inclúo un documental deste lugar na serie Megaestructuras



Mina mais grande do mundo


         
                                                                                   
                                                                    Fran González Diz 4ºA

No hay comentarios:

Publicar un comentario