HISENSE X1 (6.8")
Este phablet de 6.8 polgadas mostrouse durante o CES 2014 nas Veigas pola compañía chinesa Hisense. Estará dispoñible a finais do segundo trimestre deste ano nos Estados Unidos. Dispón dunha pantalla LCD IPS cunha resolución de 1920 x 1080, co procesador Snapdragon 800 e unha batería de 3900 mAh (para poder alimentar dita pantalla). Todo iso cunha cámara de 13 MP e posiblemente con Android 4.4 KitKat.

SONY XPERIA Z ULTRA(6.44")
Este dispositivo conta con 6.44 polgadas, baixo o típico deseño Xperia, cunha pantalla de 1920 x 1080 de resolución e o Snapdragon 800, como o anterior. Dispón de 2GB de RAM e unha cámara de 8 MP.

COOLPAD GREAT GOOD/HALO (7")
Mostrado no CES 2014 hai unha semana por unha compañía pouco coñecida nos Estados Unidos e en Europa. Con todo, é un dos fabricantes locais máis grandes e están a tentar estenderse. Este dispositivo conta cunha resolución de 1920 x 1080 nas súas 7 polgadas e o novo procesador de 8 núcleos MT6592 de MediaTek, acompañado de 2GB de RAM e 4000mAh de batería!
David González Palomanes
No hay comentarios:
Publicar un comentario