A Axencia de Proxectos de Investigación Avanzada de
Defensa dos Estados Unidos está a mostrar un desenvolvemento que
moitos pensaron nun inicio que se trataba dunha broma, xa que se trata dun dron
fabricado en cartón, co que buscan ter unha ferramenta para enviar mercadoría
ou materiais nun só sentido en zonas de alta rega ou con acceso limitado.
O proxecto é coñecido como 'Sky
Machine' e está a ser desenvolvido por Otherlab con
colaboración e financiamento de DARPA.
Como xa vimos, trátase dunha pequena aeronave autónoma fabricada en cartón, que
na súa interior conta cos compoñentes que lle permiten ser programada para voar
e aterrar nunha zona especifica.
Grazas ao seu pequeno tamaño, centos destes drons poden ser despregados dun avión de carga a
gran altura, voar a unha velocidade de ata 88 quilómetros por hora, dar xiros e situar a zona de aterraxe,
para finalmente chegar ao seu destino cuns metros de diferenza e entregar a
carga. O Sky Machine ten capacidade para transportar materiais de ata un
quilogramo, pero a idea é ampliar isto ata os 10 quilos.
Grazas a estas características, poderanse enviar mostras de
sangue, vacúas, ou medicamentos a zonas de difícil acceso, ou onde se corre o
perigo para o despregamento de forzas humanas. Ademais, grazas aos seus
compoñentes e materiais de fabricación, o drone se biodegradará en só un par de
días, polo que só servirán unha soa ocasión para posteriormente autodestruirse.
computerhoy.com
POR: MIGUEL LORENZO PERAL 4A
No hay comentarios:
Publicar un comentario