A voz non lle fallou en 24 horas, 34 minutos e 27
segundos. O enxeño, tampouco. Guillermo Rodríguez
Godínez, un rapaz de Alacante de 22 anos ao que todos coñecen como Arkano, ten
un récord Guinness que engadir ao seu xa de seu florido historial (xa ten
ademais do record guinness un bicampeonato nacional de pelexa de galos da
redbull e un mundial da mesma) : converteuse sobre o quilómetro cero e baixo o
reloxo da Porta do Sol na persoa do mundo que máis tempo conseguiu encadear,
sen parar, versos a modo de rap.
El di que o logrou grazas a xente, e seguramente así foi,
porque as miles de persoas alí congregadas, que estaban entregadas ao rapero
alicantino, leváronlle polo aire ata os últimos dez segundos, nos que todos
xuntos corearon a tradicional conta atrás que explotou, exactamente ás 17.07
horas, nunha sonora ovación. Arkano conseguírao, encadeara versos sen parar 24
horas seguidas con descansos, como moito, de tres segundos, unha marxe que lle
permitía botar un grolo de auga ou café, respirar e pouco máis, xa que non
parou de rimar nin cando lle chamou a natureza. Pois ben, o campión do mundo
non se conformou e entoou o seu particular bis (por iso de que nunca deixou de
rapear) para deixar o listón nesas 24 horas, 34 minutos e 27 segundos. Mais informacion.
IMAXE DE MARKETINDIRECCTO.COM |
Fran González Diz 4ºA
No hay comentarios:
Publicar un comentario