O ligre xeralmente chega a medir ata 4 m de longo, e a pesar ata 500 kg, co que posúe un tamaño maior que o seu pai (león) e a súa nai (tigresa), e considéraselle o felino máis grande do mundo.3
O seu tamaño explícase porque o xene inhibidor do crecemento transmítese por vía materna nos leóns e paterna nos tigres, polo que o ligre non herda ningún xene deste tipo e crece durante toda a súa vida. As patas e cola, pola contra, son curtas en relación ao corpo, xa que si deixan de crecer; por iso, é posible que os ligres machos máis anciáns cheguen a quedar impedidos para camiñar, ao non poder soster o seu propio peso.
O caso oposto dáse co híbrido inverso, o tigón (tamén chamado tigrón ou tigral): este cruzamento entre tigre e leoa produce un animal máis pequeno e estilizado, con patas e cola longas, que lle dan un aspecto desgarbado e menos corpulento, é dicir, pouco impoñente. É por iso moito menos abundante que o ligre, xa que este é buscado activamente e explotado por circos, e, en menor medida, por zoológicos, desexosos de atraer ao público.Estes ademais nacen esteriles.
Fran González Diz 4ºA
No hay comentarios:
Publicar un comentario