En abril, científicos de todo o mundo tratarán de obter a primeira fotografía do horizonte de sucesos dun buraco negro. Esa é unha rexión límite caracterizada por marcar o punto de non retorno, a partir do cal a distancia ao buraco é tan baixa que nada, nin sequera a luz, pode escapar del.
Os astrónomos usarán nove radiotelescopios distribuídos por todo o mundo para formar un gran observatorio planetario. O obxectivo escollido é Saxitario A, un buraco negro supermasivo situado no centro da Vía Láctea. Espérase que a observación amplíe a física dos buracos negros.
Ademais, científcos do LIGO e do VIRGO, os observatorios de ondas gravitacionales de Estados Unidos e Italia, respectivamente, buscarán conxuntamente máis ondas gravitacionales, para verificar a Relatividade de Einstein e prepararse para futuras observacións astronómicas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario