Os tratamentos que atacan directamente ás células tumorales do cancro darán paso a outros que se serven do propio sistema inmune do paciente para combater ao inimigo desde dentro.
É a inmunooncoloxía, unha nova estratexia que despuntou fai tres anos e cada vez acapara máis protagonismo. O melanoma ou o cancro de pulmón xa se trata con inmunoterapia, pero o próximo ano espérase que o medicamento dea un novo paso neste campo.
As compañías farmacéuticas Kite Pharma e Novartis poderían empezar a comercializar unha complexa técnica de inmunoterapia chamada CAR-T. Consiste en modificar os linfocitos T do propio paciente para dirixilos contra as células cancerosas. Este tratamento xa demostrou resultados esperanzadores contra a leucemia linfoblástica aguda, a leucemia infantil máis común.
Alfonso Ruggiero García
No hay comentarios:
Publicar un comentario