Un programa informático chamado AlphaGo desenvolvido pola compañía británica Google DeepMind vencía ao campión mundial dun milenario xogo de orixe oriental chamada Go tras unha serie de cinco partidas. Non é a primeira vez que unha máquina derrota nun xogo a un mestre humano; hai 20 anos «Deep Blue» de IBM poñía no seu lugar a Garri Kaspárov no xadrez. Pero ata aquí chega toda similitude, porque o Go esixe unha estratexia tan sofisticada e complexa que parece imposible para un «cerebro» feito de circuítos
No Go, dous xogadores deben conquistar o maior territorio posible situando unhas pedras brancas e negras sobre un taboleiro. As regras son sinxelas, pero as posibilidades de xogo múltiples, xa que dependen da creatividade, a intelixencia, a experiencia e o estilo do xogador.
A capacidade de AlphaGo para aprender en por si dunha maneira similar á humana resulta a clave do seu éxito.
O seu éxito demostra que a intelixencia artificial pode funcionar non só a forza de cálculos, senón tamén con algo que se parece moito á intuición humana.
O programa utiliza unhas «redes neuronais artificiais» que imitan ás biolóxicas para avaliar as posicións no taboleiro e seleccionar movementos
POR:MIGUEL LORENZO PERAL 4A
No hay comentarios:
Publicar un comentario