FILO:Chordata
CLASE:Actinopterygii
ORDE:Perciformes
FAMILIA:Callanthiidae
XÉNERO:Grammatonotus
ESPECIE:Grammatonotus brianne
Poida que existan outros e que non os coñezamos, pero Grammatonotus brianne é o peixe que o home viu nadar máis profundo en todas as súas exploracións: case 150 metros (487 pés) baixo a superficie. Record Guinness! Vive feliz no límite da twilight zone, a zona do océano que comeza a estar en penumbra debido á súa profundidade, entre os 200 e os 1.000 metros baixo a superficie.
Grammatonotus brianne habita os arrecifes máis profundos que existen no planeta, aos que poucos aparellos creados polo home puideron chegar, moito máis fondo que a fronteira do mergullo recreativo. Con todo, un grupo de mergulladores da Academia de Ciencias de California aventuráronse alí con equipos especiais e atopáronse con este brillante tesouro amarelo e rosado.
POR:MIGUEL LORENZO PERAL 4ºA
No hay comentarios:
Publicar un comentario