A Ciberseguridade é un dos grupos máis
amplos que abarca a tecnoloxía e unha das materias pendentes do ano 2016. Non
importan cantos hackeos sucedan ou cantos anos pasen, sempre haberá xente que
sigue tendo a súa contrasinal absurda ou baixa en seguridade. Cada vez hai máis
xente que empeza a utilizar Internet, xa sexa xente nova ou adulta , e empezan
por crear contas nas redes sociais ou en aplicación de xestións da súa vida
diaria.
Estas contrasinais sempre son máis fáciles de recordar, baixas en seguridade , máis pequenas, e teñen a posibilidade de que sexan hackeadas dun xeito moi simple . Por que ocorre isto moitas veces? Pode ser a falta de memoria ou simplemente a pereza de ter que pensar unha contrasinal complicada e despois non recordala. Pero non hai escusa para non crearse unha contrasinal forte e segura que repela a “hackers” de pouca habilidade ao instante e que custe moitos días de traballo a un “hacker” de verdade. En lugar de falar sempre dos hackeos, a xente podería falar máis da falta de seguridade das contrasinais e da xente que adiviñou a contrasinal porque era moi fácil de recordar.

Un dos grandes provedores
de Internet, a empresa Dyn, sufriu varios ciberataques seguidos
que puxeron en “jaque” o funcionamento
das páxinas web de moitas grandes empresas, entre as que se encontra Twitter,
Spotify, Ebay o no periódico “The New York
Times”.
Un ataque de denegación de servizo, máis coñecido como DDoS polas
súas siglas en inglés, que provocou
problemas de conexión en todo o mundo .
Jorge Cerviño Alonso
No hay comentarios:
Publicar un comentario