A araña recentemente descuberta, achada en Marrocos, foi
alcumada flic flac polas volteretas que
dá sobre as dunas da rexión de Erg Chebbi.
As súas acrobacias non son o único que chama a atención: a
araña, cuxo nome científico é Cebrennus rechenbergi, tamén fabrica estruturas
con fíos de seda para manterse fresca no deserto, segundo o estudo publicado o
17 de abril na revista Zootaxa.
Ingo Rechenberg, da Universidade Técnica de Berlín, foi o
primeiro en detectar a araña dando volteretas polas dunas e sospeitou que se
trataba dunha especie nova.
«En canto a vin , troixena directa ao meu laboratorio, aínda cuberta de
pó e area», lembra o autor do estudo Peter Jäger, experto en arañas do
Instituto de Investigación Senckenberg de Frankfurt (Alemaña).
Jäger, intrigado co achado, identificouna como parte do
grupo dos esparásidos, coñecidos pola súa habilidade para atrapar ás súas
presas.
Imaxe da araña realizando un salto |
Fran González Diz 4ºA
No hay comentarios:
Publicar un comentario