lunes, 30 de enero de 2017

Repartidores autónomos

Dos drons de Amazon xa coñecemos o novo deseño, que podería ser o final (confirman que teñen ata doce prototipos diferentes en fase de probas), así como os seus principais características. O dron repartidor pode entregar un paquete de ata dous quilogramos de peso en media hora ou menos voando a unha altitude de ata 120 metros e cun alcance duns 15 quilómetros. O peso do modelo actual de dron do servizo Prime Air é de 24 quilogramos.

Para o seu voo cóntase con que sexan principalmente vehículos autónomos e que se valgan de diferentes sensores para evitar accidentes e decidir o lugar de aterraxe. No vídeo demostrativo da súa tecnoloxía podemos ver como o cliente marca no seu xardín (parece claro que non será un sistema de repartición en núcleos urbanos densos) o punto de entrega e o dron aterra sen máis inconvenientes.


Un dos prototipos de dron para a empresa, Vimeo.


A xente do xigante do comercio online dispón de tres centros principais onde están a desenvolver o servizo (EEUU, Israel e Reino Unido) e diferentes mercados onde din estar a probar a tecnoloxía. Pero é ao falar de datas en que se poderá usar cando xorden as dúbidas. Eles mesmos admiten que aínda falta, que a seguridade é o primeiro e que nada se poderá facer ata que demostren que a súa tecnoloxía é segura e reciba a aprobación das autoridades.



Agustín Gallego Gómez






No hay comentarios:

Publicar un comentario