viernes, 20 de enero de 2017

Ciberseguridade ( Avance tecnolóxico)

A Ciberseguridade é un dos grupos máis amplos que abarca a tecnoloxía e unha das materias pendentes do ano 2016. Non importan cantos hackeos sucedan ou cantos anos pasen, sempre haberá xente que sigue tendo a súa contrasinal absurda ou baixa en seguridade. Cada vez hai máis xente que empeza a utilizar Internet, xa sexa xente nova ou adulta , e empezan por crear contas nas redes sociais ou en aplicación de xestións da súa vida diaria. 

Estas contrasinais  sempre son máis fáciles de recordar, baixas en seguridade , máis pequenas, e teñen a posibilidade de que sexan hackeadas dun xeito moi simple . Por que ocorre isto moitas veces? Pode ser a falta de memoria ou simplemente a pereza de ter que pensar unha contrasinal complicada e despois non recordala. Pero non hai escusa para non crearse unha contrasinal forte e segura que repela a “hackers” de pouca habilidade ao instante e que custe moitos días de traballo a un “hacker” de verdade. En lugar de falar sempre dos hackeos, a xente podería falar máis da falta de seguridade das contrasinais e da xente que adiviñou a contrasinal porque era moi fácil de recordar.



Un dos grandes provedores de Internet, a empresa Dyn, sufriu  varios ciberataques seguidos que puxeron en “jaque o funcionamento das páxinas web de moitas grandes empresas, entre as que se encontra Twitter, Spotify, Ebay o no periódico The New York Times”. Un ataque de denegación de servizo, máis coñecido como DDoS  polas  súas siglas en inglés, que provocou  problemas de conexión en todo o mundo .

                                                                                                                                                                                                                                                                     Jorge Cerviño Alonso

No hay comentarios:

Publicar un comentario