viernes, 20 de enero de 2017

2017:TRANSPORTE MEDIANTE DRONS/ TECNOLOXÍA

No verán de 2016, o goberno do Reino Unido autorizou a Amazon a empezar coas probas da repartición de paquetes mediante drons, o que se coñece como Amazon Prime Air. O portal de venda ten unha intención clara: lanzar no país inglés un servizo de entrega con aeronaves non tripuladas en 2017 e que os pedidos cheguen aos clientes en media hora.

Aínda hai cuestións relacionadas no aire, sobre todo en termos de seguridade e legalidade, pero as primeiras probas xa se fixeron e o avance é unha realidade.Outras compañías como Correos, UPS, Royal Mail ou Walmart tamén anunciaron que probarán en 2017 este tipo de reparticións.
                                                                    tecnoinnovador.com

Os drons, como practicamente toda a tecnoloxía, cada vez son máis e mellores, e aínda que a repartición de compras privadas con eles soa moi ben, teñen outras que seguro veremos explotar durante 2017, por exemplo a entrega de comida, roupa, medicamentos ou outro tipo de axuda humanitaria en zonas ás que é moi difícil chegar doutra forma. Tamén poderemos ver a proliferación dos drons de rescate en territorios onde as condicións fan imposible (ou practicamente) inspeccionar ben o terreo, como naqueles lugares onde ocorran desastres naturais.







POR:MIGUEL LORENZO PERAL 4ºA

No hay comentarios:

Publicar un comentario