lunes, 30 de enero de 2017

Drons na agricultura

Os agricultores véñenlle sacando moito proveito aos drons xa que os utilizan en diferentes funcións:

Por unha banda, grazas ás fotos e vídeos de alta definición que permite a GoPro incorporada posibilita o monitoreo de grandes dimensións que doutra maneira seria imposible transitar. Este equipo pode percorrer máis de mil hectáreas en só unha hora permitindo a localización temperá de pragas ou malezas.

Doutra banda, utilízanse estas naves sen tripulación para o control do rabaño.

Tamén se usa con fins inmobiliarios, dálles aos agricultores a posibilidade de mostrar con exactitude as características dun predio en poucos minutos.

Por último, en Asia estímanse que hai uns 2400 drons utilizados para esparcir pesticidas e fertilizantes en grandes terreos rurais.

Para mais información pinche AQUI

                                              




                                                                                              Fran González Diz 4ºA

No hay comentarios:

Publicar un comentario