viernes, 13 de enero de 2017

2016 : Descubren o vertebrado mais antiguo da terra / Bioloxia

Tal como publicaron investigadores da Universidade de Copenhage dirixidos por Julius Nielsen, os científicos descubriron un exemplar de quenlla de Groenlandia de 392 anos de idade.Trátase dunha especie chamada Somniosus microcephalus, unha quenlla que vive en amplas zonas do Atlántico Norte e que pode chegar aos catro ou cinco metros de lonxitude.

Aínda que se sabe pouco sobre a súa bioloxía, os científicos cren que esta estraña criatura caracterízase por crecer dunha forma extremadamente lenta, o que fai que cada ano a súa lonxitude apenas se incremente nun centímetro. Esta peculiaridade lévalles a alcanzar a súa madurez sexual aos 150 anos de idade.
Para chegar a estas conclusións, os investigadores non puideron estimar a idade do animal analizando os seus ósos, posto que as quenllas teñen cartilaxe no canto de tecidos calcificados. Para evitar este inconveniente, os científicos usaron unha nova técnica de datación por isótopos na que se analizaban as lentes dos ollos dos escualos.



Estas lentes están formadas por unhas proteínas moi estables e resistentes que se forman durante o desenvolvemento embrionario e que permanecen inalteradas durante toda a vida do animal, de forma que a acumulación de certos isótopos que proveñen do medio ambiente e da alimentación pode usarse para estimar a idade do organismo. Para mais imformacion pulse AQUI.

Animal vertebrado mais antiguo do mundo





                                                                   
                                                            Fran González Diz 4ºA

No hay comentarios:

Publicar un comentario