viernes, 20 de enero de 2017

A araña "acróbata" de Erg Chebbi

A araña recentemente descuberta, achada en Marrocos, foi alcumada  flic flac polas volteretas que dá sobre as dunas da rexión de Erg Chebbi.

As súas acrobacias non son o único que chama a atención: a araña, cuxo nome científico é Cebrennus rechenbergi, tamén fabrica estruturas con fíos de seda para manterse fresca no deserto, segundo o estudo publicado o 17 de abril na revista Zootaxa.
Ingo Rechenberg, da Universidade Técnica de Berlín, foi o primeiro en detectar a araña dando volteretas polas dunas e sospeitou que se trataba dunha especie nova.

«En canto a vin , troixena  directa ao meu laboratorio, aínda cuberta de pó e area», lembra o autor do estudo Peter Jäger, experto en arañas do Instituto de Investigación Senckenberg de Frankfurt (Alemaña).



Jäger, intrigado co achado, identificouna como parte do grupo dos esparásidos, coñecidos pola súa habilidade para atrapar ás súas presas.



Imaxe da araña realizando un salto






                                                                               Fran González Diz 4ºA

No hay comentarios:

Publicar un comentario