viernes, 13 de enero de 2017

Avances 2017

Segundo as prestixiosas revistas Science e Nature, 2017 será un ano dominado por noticias de ciencia relacionadas coa astronomía, a física e a biomedicina.
Durante este ano haberá máis oportunidades para detectar por fin ao hipotético Planeta X, un firme candidato a converterse no noveno planeta do Sistema Solar. Ata agora non se puido observar directamente a través dun telescopio, pero as evidencias apuntan a que este corpo tería un tamaño parecido ao de Neptuno e que estaría nunha órbita moi afastada, que percorrería en 20.000 anos terrestres.
A súa existencia propúxose en 2016 a partir dos efectos gravitacionales detectados sobre os corpos do cinto de Kuiper, unha rexión exterior do noso sistema planetario, pero espérase que poida ser achado en tres anos.
Algúns mesmo suxeriron que a súa presenza explicaría un lixeiro movemento do Sistema Solar. Tamén se propuxo que a súa actual posición podería deberse a un empuxón gravitacional que lle deu Júpiter no pasado.
Á marxe do Planeta X, a NASA lanzará un novo e importante satélite para buscar exoplanetas máis aló do Sistema Solar, a misión «Transiting Exoplanet Survey Satellite» (TESS).
Outro avance cientifico que se espera en 2017 é avacuna contra o virus zika:
A primeira vacina contra o virus zika, causante dunha febre moderada e de preocupantes casos de microcefalia en bebés recentemente nados, podería estar lista este ano. Polo momento, varias posibles vacúas demostraron a súa eficacia en estudos con monos, e tres delas entraron na etapa de ensaios clínicos en humanos.
Nos próximos meses, obteranse resultados sobre a seguridade destas vacinas. Espérase que pouco despois comecen os estudos de eficacia, onde se analizará se os fármacos estimulan ao sistema inmune e frean a infección do virus, especialmente nos tecidos do sistema nervioso dos embrións e fetos.
Pero hai algunhas dificultades. Por unha banda témese que os anticorpos deseñados contra o virus zika, que é moi similar ao virus do dengue, poidan facer máis susceptibles á variante máis agresiva da segunda enfermidade. Por outra banda, a rápida dispersión do virus zika, en especial por América do Sur, levou que moitas persoas xa superasen a enfermidade e xa sexan inmunes, polo que se corre o risco de que os ensaios non poidan detectar os beneficios da vacina.
                                                                                                        David González Palomanes

No hay comentarios:

Publicar un comentario