lunes, 30 de enero de 2017

Drons

Os drons teñen os seus inimigos no mercado e a sociedade, e os organismos que velan pola nosa seguridade teñen que propoñer mecanismos para abatelos se fose necesario. Países como Reino Unido ou China desenvolven armamento militar para acabar cos vehículos voadores non tripulados.

En Estados Unidos utilízanos como ferramentas en beneficio da comunidade, e en Xapón esfórzanse en cazalos. O país nipón ten unha escuadra de potentes drons que se encargan de capturar a outros drons malfeitores con redes. A forma na que conseguen cazar a outros drons consiste en enreidar os máis pequenos ata baixalos á superficie. Nunha situación normal, a captura realizaríase sen danar demasiado ao outro dron.

A frota está composta por dez drons DJI Spreading Wings 900, un modelo de seis hélices con destino profesional que custa por encima dos 1.400 dólares.


Paralelamente tamén se desenvolveu un método mediante o cal tamén se ten previsto capturar  a estes drons. Consiste no emprego de depredadores da natureza, así como as águias, xa entrenadas con antelación para a captura destes dispositivos non tripulados.



Rodrigo Justo Fernández

No hay comentarios:

Publicar un comentario