viernes, 20 de enero de 2017

MOTOS QUE VAN SOAS?

A estas alturas xa estamos máis que afeitos ver coches autónomos que conducen por si mesmos e realizan todo tipo de manobras sen necesidade da intervención humana, pero, que pasa coas motos? Honda está a traballar para implementar este tipo de tecnoloxía aos vehículos de dúas rodas e presentou no CES 2017 o Riding Assist, un sistema que permite que a moto se manteña en equilibrio e que se mova por si soa.

Sistema CES 2017- computerhoy.com
O Riding Assist baséase nunha tecnoloxía derivada dos monociclos autobalanceados da marca, como o Ou3-X ou o UNI-CUB, que están deseñados para o transporte de persoas maiores, polo que poden manterse en posición vertical sen intervención da persoa que vai montada.






Rubén Gómez Blanco

No hay comentarios:

Publicar un comentario