lunes, 30 de enero de 2017

Álxebra aplicada en google

É raro o día no que non utilizamos Google para facer algún tipo de procura. Google é o buscador máis utilizado na internet. Foi deseñado por Sergei Brin e Lawrence Page en 1998 cando eran estudantes de Doutoramento de Informática na Universidade de Standford.
Pois ben, o éxito de Google débese a un algoritmo chamado "Page Rank" que ten moito que ver co Álxebra Lineal. Este algoritmo asigna unha puntuación de importancia a cada unha das páxinas web, de modo que cando se fai unha procura mediante palabras crave, o buscador proporciónanos unha serie de páxinas que conteñen esas palabras crave pero que ademais están ordenadas de modo que as máis relevantes, as máis importantes, serán mostradas nas primeiras posicións. O algoritmo PageRank de Google asigna un valor numérico a cada páxina Web de acordo á súa importancia. Este valor calcúlase de forma automática, sen intervención humana. A importancia dunha páxina Web cuantifícase tendo en conta os hiperenlaces ou hipervínculos que conteñen todas as páxinas Web que compoñen Internet.

 


Gonzalo Carrajo Mariño

No hay comentarios:

Publicar un comentario