Unha tarxeta gráfica e unha tarxeta de expansión ou un circuito (chip), da placa base do ordenador, que se encarga de procesar os datos
procedentes da unidade
central de procesamiento (CPU) e transformalos en información comprensible e representable
no dispositivo de saída (por exemplo: monitor, televisor e proxector).
COMPOÑENTES
GPU:
Procesador dedicado o procesamento de gráficos:a
súa razón de ser é alixeirar a carga de traballo do procesador central, por iso
está optimizada para o cálculo en coma flotante, predominante nas funcións 3D
As dúas características máis importantes de entre elas son:
- A frecuencia de reloxo
do núcleo, que en 2006 oscilaba entre 250 MHz nas tarxetas da gama baixa e
650 MHz nas da gama alta, e
- O número de pipelines (vertex e fragment shaders), encargadas
de traducir unha imaxe 3D composta por vértices e liñas na imaxe 2D composta
por píxeles.
SAÍDAS
Os sistemas de conexión máis habituais entre a tarxeta gráfica e
o dispositivo visualizador (como un monitor ou un televisor) son: SVGA, S-Video e DVI
-SVGA: estándar analóxico dos anos 1990; deseñado para dispositivos
CRT, sofre de ruído eléctrico e distorsión pola conversión de dixital a
analóxico e o erro de mostraxe ó avaliar os píxeles a enviar ao monitor.
-DVI: substituído do anterior, deseñouse
para obter a máxima calidade de visualización nas pantallas dixitais como los
LCD ou proxectores-S-Video: incluído para dar soporte a televisores,
reprodutores de DVD, vídeos, e videoconsolas.
David González Palomanes 4ºA ESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario