Seguramente un segmento do mundo PC que beneficia bastante aos fabricantes sexa os dos equipos para xogadores. Estámolo vendo en renovacións das marcas cos seus produtos para ‘gamers’. E no conxunto dos compoñentes a dominante é a tarxeta gráfica, especificamente a desexada Nvidia GeForce GTX1080 cun prezo de 600 dólates.
As cifras teóricas fálannos da posibilidade de traballar por encima dos 2 Ghz sen que o calor nin o consumo se vexan disparados grazas aos 16nm de fabricación. A súa frecuencia base é de 1733 Mhz, con 8Gb GDDR5X a 10 Gbps. O seu rendemento fixouse en 9 TFLOPS.
A promesa de Nvidia en cuanto a experiencia de xogo é que podamos xogar a calquera titulo actual cunha frecuencia estable de 60 fps. Para funcionar necesita un conector de 8 pines e o seu consumo é de 180 W. E por suposto é unha tarxeta perfectamente preparada para a experiencia VR.
Xunto con tarxeta tamén se anunciou a GTX1070, unha versión con memoria GDDR5 e 6.5 TFLOPS, e cuxo prezo reducirase ata menos de 400 dólares.
A continuación unha imaxe da GTX1070:
Imaxe Geforce GTX 1070
|
Rodrigo Justo Fernández
No hay comentarios:
Publicar un comentario