miércoles, 5 de octubre de 2016

Quen creou o primeiro software?

A encantadora de números que creou o primeiro software.
Ada Lovelace filla de un poeta famoso, George Gordon Byron, levouna por o camiño das ciencias. A súa nai non quería que seguira o camiño do pai e asegurouse de que estudara materias como matemáticas.
Un cabaleiro,Baddage, notou que as táboas matemáticas que se empregaban eran un erro pola inexactitud, e creou unha maquina diferencial, consistía nunha calculadora en adiccións puras. Lovelace e Baddage coñecéronse e empezaron a intercambiar información,a maquina diferencial, que  podía levar a cabo varias funcións con características de computadoras modernas.
Lovelance traduxo o que dixo Baddage, tiña un nivel de comprensión que nin se quera Baddage había logrado. Quedou tan impresionado que foi el quen lle puxo o apodo de “a encantadora de números”.
Escribiu o que lle podemos chamar un programa informático para calcular números de Bernoulli, deuse conta de que unha maquina, podía facer mais que uns cálculos  como producir musica e arte, si tiñan os algoritmos e información adecuada. Todos os logros que conseguiu fíxoos sen un ordenador onde podelos por en práctica.
A maquina analítica nunca se completou e non puido construírse por política e non houbo forma de por a proba a teoría de Lovelance. Construíronse computadoras comparables despois de 100 anos.

Lovelance foi a mai da programación informática.

Feito por: Marta Rua Ramos 

No hay comentarios:

Publicar un comentario