Unha impresora 3D
é un dispositivo capaz de xerar un obxecto sólido tridimensional mediante a
adicción do material.
En pouco tempo
poderase facer órganos vitais, hasta a construción de refuxios no espazo.
Expertos aseguran que no 2025 máis do 50% dos obxectos do noso redor estarán
feitos por impresoras 3D. A impresora 3D é un dos inventos máis grandes da
enxeñaría moderna. Comezou sendo útil a pequena escala para construír pequenos
obxectos.
Hoxe en día
podemos fabricar con unha impresora 3D: roupa, aínda que non sexa demasiado
cómoda, instrumentos musicais, casas, lentes fotográficas, robots, armas,
xoguetes, utensilios de cocina, xoias, próteses, e por último pero non menos
importante a fabricación de órganos humanos.
No campo dos
órganos humanos: a bioimpresión consiste en imprimir réplicas funcionais de órganos
humanos para realizar transplantes. É un campo no que se avanzou moito aínda
que queda demasiado traballo para facer que un órgano que funcione exactamente
igual ca un órgano humano. A bioimpresión promete mesturar o traballo de
laboratorio con impresoras 3D especiais, capaces de tomar células cultivadas no
laboratorio e mediante un proceso especial transformalas nun tipo de órganos a
medida do paciente.
En conclusión as
impresoras 3D son o futuro o cal permitiranos vivir de maneira máis cómoda
aínda que queda moito estamos a piques de ter unha vida moito mellor. As
impresoras 3D axudarannos en todo aínda que hai q ter moito coidado porque
poderanse fabricar armas pero si se utiliza para facer unha vida máis doada
pode chegar a ser un dos mellores inventos.
Miguel
Lorenzo Peral 4A
No hay comentarios:
Publicar un comentario