lunes, 3 de octubre de 2016

O primeiro sistema operativo

       PRIMEIRA ENTRADA NO BLOG

                                                    O PRIMEIRO SISTEMA OPERATIVO
A informática apareceu na II Guerra Mundial,na década dos corenta.Nesos anos non existía o concepto de “Sistema operativo” e os programadores interactuaban directamente có hardware das computadoras traballando na lingua das máquinas(algo binario,basicamente con 0s e 1s).
O concepto de Sistema Operativo aparece no 1950.O primeiro dos Sistemas Operativos da historia foi creado no ano 1956 para un ordenador IBM 704.
Nos anos 60 prodúcese unha revolución no campo dos sistemas operativos.Aparecen conceptos como sistema multiarea,sistema multiusuario,sistema ,multiprocesadores e sistema en tempo real.
Nesta década cando aparece UNIX,a base da gran maioría dos Sistemas Operativos que existen hoxe en día.
                                                         CARACTERÍSTICAS DE UNIX
É un sistema operativo de tempo compartido,con capacidade de simular multiprocesamento e procesamento no interactivo.
Está escrito nunha lingua de alto nivel: C.
Permite comunicación entre procesos.
Garantiza un grao alto de portabilidade.
O sistema baséase nun núcleo denominado Kernel.
                
                                       OUTROS SISTEMAS OPERATIVOS DA ÉPOCA
Na década dos noventa aparece Linux,publicándose a primeira versión do núcleo no setembro do ano 1991,que posteriormente se uniría o proxecto GNU,un sistema operativo completamente libre, similar a UNIX, ao que lle faltaba un núcleo para poder funcionar.Hoxe en día a maioría da xente coñece por Linux ao sistema operativo que realmente se denomina GNU/Linux.

Nesta década tamén apareceron sistemas como MacOS, MS-DOS, Windows.


Por Francisco Martínez Feijoo 4ºA ESO

No hay comentarios:

Publicar un comentario