viernes, 2 de diciembre de 2016

O Daltonismo

As enfermidades ligadas ao sexo son aquelas que veñen determinadas nos cromosomas X e Y procedentes dos proxenitores, algunhas destas enfermidades son: a hemofilia, o daltonismo, cancro de próstata, etc.

Concretamente, tamén temos o daltonismo ou cegueira parcial para as cores que as dificulta distinguir correctamente. Esta enfermidade prodúcese a causa dos conos, que se atopan na retina, que ou ben poden non funcionar ou distinguir un cor diferente ao normal ou estar ausentes. Esta enfermidade non consta dun alto resgo de perigo pero pode limitar á persoa en cuestión de traballos así como para ser pintor, electricista, deseñador de moda, etc.

A día de hoxe hai métodos para identificar o daltonismo mediante láminas de manchas como nos tests de Stilling e Ishihara como se mostra a continuación.



Rodrigo Justo Fernández

No hay comentarios:

Publicar un comentario