lunes, 12 de diciembre de 2016

Comemos polo mutante?

Durante un estudo recente realizado na Universidade de New Hampshire déronse conta dalgúns feitos, entre eles ese cambio de nome. Pois ben, as galiñas cuxa carne utilizan no KFC, son manipuladas xeneticamente. É o caso coñecido como? Polo Transxénico?. Esta é unha das polémicas acusacións contra o devandito restaurante. Estes animais mantéñense vivos debido á intrusión dun tubo nos seus estómagos para alimentalos e bombear o seu sangue. Non teñen pico, patas nin plumas. A súa estrutura viuse reducida para poder obter deles máis carne. 


Cal é a vantaxe para o KFC?

O aforro de tempo. Non teñen que desplumar nin cortar picos e patas.


Cal a súa desvantaxe?

As múltiples pegas. KFC foi culpado por varios casos de enfermidades debido á inxesta da súa comida. Un claro exemplo, o caso da pequena Monika Samaan que con tal só sete anos sufriu unha intoxicación por salmonelosis que derivou en lesións cerebrais despois de comer un ?twister? de pito. Debido a iso, a nena ten dificultades para falar e sofre unha cuadriplejia espástica desde Outubro de 2005. Por isto, o restaurante tivo que indemnizar á nena cunha cantidade de 8 millóns de dólares australianos. Foi condenado pola xustiza australiana.


Pois ben, lenda ou non? sabemos que debemos estar alerta coas comidas rápidas ?Fast Food? dependendo da marca de restaurante. PERTENCE Á RAMA DA BIOTECNOLOXÍA BRANCA OU INDUSTRIAL

imaxe de SDPnoticias.com

Agustín Gallego Gómez

No hay comentarios:

Publicar un comentario